Sobre Min
Pablo Cuntín Pardo
Psicólogo Colexiado G-07459
Graduado en Psicoloxía e Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria pola Universidade Europea de Madrid. Actualmente cursando o Máster en Neuropsicoloxía Clínica, orientado á especialización no estudo das funcións cognitivas e as súas alteracións.
Manteño o meu compromiso a través da formación continua, ampliando coñecementos mediante diversos cursos e seminarios especializados en análise funcional aplicado á avaliación clínica, terapias de terceira xeración, prevención do suicidio e abordaxe dos trastornos do estado de ánimo.
"A miña responsabilidade coa saúde mental levounme a crear este espazo co propósito de ofrecer unha atención próxima, accesible e baseada no rigor profesional."
O enfoque terapéutico cognitivo-conductual caracterízase polo respecto aos ritmos individuais, a escoita activa e unha comprensión profunda do malestar psicolóxico, integrando os avances científicos cun trato humano e personalizado.


Onde atoparme
Dispoñible todas as mañáns de 09:00 a 14:00 na Clínica Sondent, Porto do Son.


Despacho
Dende o meu enfoque terapéutico, entendo que o máis importante é ofrecer un espacio seguro, tranquilo, e no que poidas sentirte escoitado/a, comprendido/a e acompañado/a durante todo o proceso.


📚 Psicoloxía Aplicada: Recursos Académicos
Explora miñas publicacións sobre procesos cognitivos, emocionais e ferramentas prácticas.










Cego por estrés
Libro da semana
¿Podese morir de tristeza?
Se algo pode saír mal...¿Saldrá mal?
A evitación funciona, ¿pero, a que costo?
Autolesións: entender para avanzar
Fonte: @AmencerPsicología en Instagram




